airinos0.jpgairinos1.jpgairinos2.jpgairinos3.jpgairinos4.jpgairinos5.jpgairinos6.jpgairinos7.jpg

Escolas

Entre as distintas actividades que organiza a Banda de Gaitas Trdicional Airiños de Fene queremos destacar as nosas escolas. Escolas pensadas para aprenderlle ás novas incorporacións o mundo máxico do noso canto, o noso baile e a nosa música tradicional.

Coas nosas escolas tamén queremos ir mellorando a calidade artística dos/as compoñentes das distintas seccións, así como ir preparando a futuros/as compoñentes.

Queremos convidarvos a que vos incorporedes ás nosas escolas, e que coñezades esta actividade cultural na que pasar unhas horas amenas descubrindo o amplo abano de posibilidades que ofrecemos. Este chamamento vai dirixido a todos e todas. Os únicos requisitos son: ter cumpridos os 3 anos e querer aprender e coñecer o noso canto, baile e música tradicional.

As escolas que Airiños de Fene oferta son: Baile, Gaita (nenos/as e maiores), Xogo Musical (nenos e nenas maiores de 3 anos), Pandeireta e outras percusións, Percusión (bombo e tambor), Cantareiras senior e xovenes, Baile, Canto e Percusións varias (nenos e nenas maiores de 6 anos) , Acordeón tradicional e Canto Coral para adultos.