airinos0.jpgairinos1.jpgairinos2.jpgairinos3.jpgairinos4.jpgairinos5.jpgairinos6.jpgairinos7.jpg

Encontro de Cantareiras

A Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene organiza en colaboración coa Liga de Amigos de Barallobre e o Concello de Fene un Encontro de Cantareiras.

O Encontro de Cantareiras nace coa idea de manterse no tempo. A nosa intención, igual que acontece coa Xuntanza de Gaiteiros, é que este acto sexa un encontro de distintos grupos e de distintas zonas do noso País, onde poidamos non so disfrutar e coñecer a riqueza do noso canto tradicional, se non que tamén intercambiar ideas e propostas que potencien esta faceta da nosa cultura.

I Encontro de Cantareiras

O primeiro encontro de cantareiras celebrámolo o día 19 de outubro de 2013 e nel participaron os grupos: "Mestura" (Meirás - Valdoviño), "O Cinguideiro" (Ferrol), "Bolboretas" (Liga de Amigos de Barallobre) e "Xerfa" (Airiños de Fene). Este primeiro encontro foi presentado por Pitusa Arias.

II Encontro de Cantareiras

Neste encontro celebrado o día 11 de outubro de 2014 contamos coa participación dos grupos: "Airiños dos Carrís" (Cerdido), "Algarabía" (Lago - Valdoviño), "Xirifeiras" (Airiños de Fene) e "Xerfa" (Airiños de Fene). O encontro foi presentado por Lidia Sanmartín.

III Encotro de Cantareiras

O III Encontro celébrase o día 09 de abril de 2016 e conta coa participación dos grupos: "Drizas de Dorneda" (Oleiros), "Riscadela" (S. R. San Xoan de Calo), "Xerfa" (Airiños de Fene) e "Xirifeiras" (Airiños de Fene) e tamén participaron as escolas infantís de Airiños de Fene.

IV Encontro de Cantareiras

No IV Encontro de Cantareiras celebrado o día 08 de abril de 2017 contamos coa participación dos grupos: "Feiticeiras" da A. C. Malante (Malpica de Bergantiños), "Alxibeira" do Padroado da Cultura do Concello de Narón e dos grupos de Airiños de Fene "Xerfa" e "Xirifeiras". Neste encontro tamén participaron as tres escolas de canto de baile de Airiños de Fene