airinos0.jpgairinos1.jpgairinos2.jpgairinos3.jpgairinos4.jpgairinos5.jpgairinos6.jpgairinos7.jpg

Xuntanza de Gaiteiros

No ano 1989 comezamos a organizar o que hoxe coñecemos como “Xuntanza de Gaiteiros” Un acto para dar a coñecer e potenciar á nosa música tradicional e onde os distintos grupos, bandas ou músicos que participan mostran o mellor do seu repertorio. A Xuntanza de Gaiteiros tamén serbe para o intecambio de ideas e proxectos que axuden a potenciar tanto a nosa música tradicional como o noso idioma e as nosas tradicións.

Aproveitamos a celebración da Xuntanza de Gaiteiros para homenaxear a algúnha persoa, grupo ou entidade que se caracterizara por gardar, recoller, recuperar, aprender e dar a coñecer tanto o baile como o canto e a nosa música tradicional. É práctica habitual que os/as homenaxeados/as actuen na nosa Xuntanza.

Nos primeiros anos, a nosa Xuntanza, que se denominaba Xuntanza de Xoves Gaiteiros, era tan so un encontro de bandas de gaitas tradicionais e os homenaxeados grupos ou persoas vencelladas única e exclusivamente ó mundo da gaita.

Nas primeiras edicións homenaxeamos a grupos tradicionais como: “Os Veigas”, “Os Perelas”, “Os Nenos do Eume”, fundados nos anos 40 e 50, que recorreron os nosos camiños e festas. E a persoas como Antonio Leira, Xiao Couto, José Benito Beade, Mª del Carmen Feal, Ramiro Cernadas e Andrés Picallo e a o noso fundador Ramiro Couce que foi homenaxeado na VIII Xuntanza de Xoves Gaiteiros 1.996.

A partir do ano 1.998 e coincidindo coa X edición, decidimos cambiar tanto a súa denominación como o formato. Así a nosa Xuntanza pasou a denominarse “Xuntanza de Gaiteiros”.

X Xuntanza de Gaiteiros – 1.998

A familia de artesáns Seivane foron os homenaxeados este ano contando coa participación das Bandas de Gaitas: Manxadoira (Bueu), Alfaia (As Pontes), Airiños do Eume (Pontedeume), Padroado de Cultura do Concello de Narón, Xermolos (Guitiriz) e Airiños de Fene. Tamén contamos coa colaboración da Coral Agarimo de Sillobre (Fene). Esta Xuntanza foi presentada por María Xesús Arias.

XI Xuntanza de Gaiteiros – 1.999.

Os homenaxeados este ano foron os artesáns locais Antonio Regueiro (palleteiro) e Emilio Bolaño (percusión) que foron arroupados polas Bandas de Gaitas: O Son do Sor (Mañón), O Castro (Miño), San Xoan de Calo, Padroado de Cultura do Concello de Narón e Airiños de Fene. A Xuntanza foi presentada por María Basoa.

XII Xuntanza de Gaiteiros – 2.000.

Milladoiro, un dos grupos históricos deste país, foi o homenaxeado nesta edición que contou coa participación da Banda de Gaitas Tradicional “San Xoán de Calo”, a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” e varios compoñentes do grupo homenaxeado, correndo a cargo de María Basoa a presentación do acto

XIII Xuntanza de Gaiteiros – 2.001.

O homenaxeado nesta edición foi Geranio Torreiro Antón e os participantes foron: a Banda de Gaitas Tradicional “San Xoán de Calo”, o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina”, o Grupo de Música Tradicional do IGAEM e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. O acto foi presentado por María Xesús Arias.

XIV Xuntanza de Gaiteiros – 2.002.

Manuel Cociña, acordeonista e veciño de Fene, foi o homenaxeado nesta edición. Nesta homenaxe contamos coa participación de: Manolo Maseda, Roberto Grandal, Diego Maceiras, Juan Mallo, Brais Maceiras, Guadi Galego, Susana Seivane e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. O presentador desta Xuntanza foi Xurxo Souto.

XV Xuntanza de Gaiteiros – 2.003.

Nesta Xuntanza a nosa homenaxe foi para outro dos grupos históricos do noso país Saraibas e os participantes foron a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños do Eume”, a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. Nesta edición a presentadora foi Almudena Marcos.

XVI Xuntanza de Gaiteiros – 2.004.

Este ano a nosa homenaxe foi para Antón Corral e participaron Anxo Pintos, Quico Comesaña, “Noitarega”, a Banda de Gaitas “Xarabal” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. Esta Xuntanza foi presentada por Emilio Españadero.

XVII Xuntanza de Gaiteiros – 2.005.

Nesta edición a nosa homenaxe foi a Emilio Españadero e o seu programa radiofónico “Lume na Palleira” contando coa participación de Xabier Díaz, Uxía Senlle, Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde, Iván Area e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A presentación do acto correu a cargo de Xosé Lois Romero.

XVIII Xuntanza de Gaiteiros–2.006.

Os homenaxeados foron dúas persoas básicas na nosa música tradicional Xosé Lois Rivas “Mini” e Baldomero Iglesias “Mero”. Os participantes foron Miro Casabella, “Quempallou” Raúl Galego, e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza foi presentada por Xesús Mato.

XIX Xuntanza de Gaiteiros – 2.007.

Nesta edición decidimos recoñecer o traballo e esforzo tanto dos compoñentes como dos ex - compoñentes de Airiños de Fene ao cumprirse o XX aniversario da nosa constitución. Por este motivo a homenaxe foi para a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” que estivo acompañada por: Xabier Díaz, Diego Maceiras, Daniel Bellón, Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero e o “Grupo de Música Tradicional do IGAEM”, sendo presentado o acto por Almudena Marcos e Maria Xesús Arias.

XX Xuntanza de Gaiteiros – 2.008.

Este ano a nosa homenaxe foi para o grupo de pandeireteiras e cantareiras Leilia participando nesta edición “Treixadura Gaiteiros e Orfeón”, “Pradairo” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. O presentador desta edición foi Quico Cadabal.

XXI Xuntanza de Gaiteiros – 2.009.

Por primeira vez, os/as homenaxeados/as non tiñan moita relación coa nosa música tradicional pero si moita con este País e o seu idioma. A homenaxe foi para María Manuela e Xoán Rubia os cantautores de Ferrolterra, que estiveron acompañados por Mini e Mero, Raparigos e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. O acto foi presentado por Xiana Lastra.

XXII Xuntanza de Gaiteiros – 2010.

O Real Coro Toxos e Froles foi o homenaxeado nesta edición. O decano dos coros galegos estivo acompañado nesta homenaxe por “Cántigas da Terra”outro dos coros históricos deste País e pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. O presentador desta edición foi Pedro Blanco.

XXIII Xuntanza de Gaiteiros - 2011.

Nesta Xuntanza a nosa homenaxe foi para o grupo Raparigos. Xunto cos homenaxeados participaron nesta edición “Berros do Castro”, Carlos Beceiro e Jaime Muñoz (La Musgaña) e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. Esta Xuntanza foi presentada por Fernando Dopíco.

XXIV Xuntanza de Gaiteiros - 2012.

Con esta edición quixemos celebrar o noso XXV aniversario. Que mellor forma de celebrar esta efemérides que homenaxeando a dúas persoas básicas na nosa historia: Miguel Doval e Chus Niebla, responsables das distintas seccións da nosa entidade. Miguel e Chus estiveron acompañados na súa homenaxe por Xabier Díaz, BellónMaceiras Dúo, Susana Seivane, Coral Polifónica “Agarimo” e pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. Esta Xuntanza tan especial para nos foi presentada por: Tamara Rodríguez, Sandra Pico, Iria García e Alberto Maceiras (compoñentes e excompoñentes de Airiños de Fene).

XXV Xuntanza de Gaiteiros – 2013.

Nesta edición a nosa homenaxe estivo dedicada á Agrupación Cultural Xacarandaina que estivo acompañada por “Sons do Mendo” (acompañados por Antonio Raposo, Xosé Luis Casal e Diego González) e pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. Esta Xuntanza estivo presentada por Pitusa Arias.

XXVI Xuntanza de Gaiteiros - 2014

Nesta Xuntanza homenaxeamos a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro. Raúl estivo acompañado por "Os Melidaos", "Mini e Mero", "A Gaita de Sarandón" (Os requinteiros da Ulla), e pola Banda de Gaitas Tradicional "Airiños de Fene" xunto co seu grupo de baile "Cambadela" e  un dos seus grupos de cantareiras "Xerfa" . A Xuntanza fois presentada por Xurxo Souto.

XXVII Xuntanza de Gaiteiros - 2015

Treixadura foi o grupo homenaxeado nesta edición. Na súa homenaxe estiveron acompañados por: "Cantigas e Agarimos", Cantareiras "Xerfa", Cantareiras "Xirifeiras" e pola Banda de Gaitas "Airiños de Fene". A Xuntanza foi presentada por Xan López (fundador e excompoñente de "Treixadura)

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros - 2016

Na edición deste ano foi homenaxeada a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG). Na homenaxe á AGG participaron antigos directivos da entidade como Xosé V. Ferreirós, Raúl Galego, Xan López e Santiago Caneiro e directivos actuais como Xaneco Tubio, Erea Estevez, Pedro Magariños, Alberto Pires, Olimpio Xiraldez, Gustavo Couto, Pena Costas. Tamén participaron nesta homenaxe Os Minhotos, Os Carunchos, Cantareiras Xerfa, Cantareiras Xirifeiras e a Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene.